20 jun 2025

Aquí tamén se fala.

  O alumnado de 1º e 3º de Primaria e de 6º de Educación Infantil colaborou na campaña Aquí tamén se fala! deseñada polo IES Rafael Dieste da Coruña. Numerosos locais e entidades do noso pobo participaron nesta iniciativa de dinamización da nosa lingua. Falar galego é un orgullo que nos conecta coas nosas raíces e cultura. Usar a nosa lingual non só é digno, senón esencial para preservar a identidade e a diversidade que nos fai únicos.

BICOS!!!


                                                 Preme na imaxe para ver máis!

20 may 2025

Día das Letras Galegas no Bibei.


  As Cantareiras, mulleres que xogaron co ritmo das palabras, falaron do amor e

da vida, tocaron a pandeireta e gardaron no seu corazón e na súa voz os cantares

do pobo. Grazas a elas hoxe celebramos as Letras Galegas no Bibei. Estivemos

acompañados do grupo Ferreñas do Bibei, un grupo de nenos e nenas que, con 

ilusión e esforzo, dedican os seus recreos a aprender música tradicional galega. 

A nosa alumna Lía de 5º curso cantou unha cantiga coa súa preciosa voz, que

lle ensinou o seu avó.

 Ademais Ailalás de Vilariño de Conso, un grupo de mulleres e nenas ao que se

une Pepito e, as veces, Marcos e Fran como gaiteiros, estiveron con nós. Estas 

persoas están unidas polo seu gusto da música tradicional ao mesmo tempo que

comparten momentos de compaña. Xa levan tres anos xuntas. Cando comezaron

había gente que xa tiña experiencia no mundo da música e outra que comezaba

a aprender.

O alumnado vestiuse coas suas Camisetas Cantareiras.

Un gran día no Bibei! Manteñamos vivas as nosas cantigas, as nosas palabras,

as nosas tradicións, A NOSA LINGUA.

Preme na imaxe para ver todas as camisetas.




27 feb 2025

Obradoiro de Entroido!

    Un ano máis, agradecemos a colaboración de Jorge co Bibei nestas datas de Entroido. Grazas por compartir con nós os teus coñecementos, as túas ilusións, a túa paixón e o teu profundo sentimento polo Entroido.

     E grazas tamén por obsequiarnos con estes preciosos boteiros que o alumnado gozou coloreando.

     Ata o ano que vén!.

     Feliz Entroido, familias!!!