8 may 2023

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO


ACTIVIDADES PARA A SEMANA DAS LETRAS  GALEGAS.


ROBÓTICA 2. CUESTIONARIOS

Fichas para recortar coas preguntas sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego dos taboleiros 1 e 2 da actividade de robótica.
 

ROBÓTICA 3. PERCORRIDOS

Fichas recortables dos percorridos da actividade de robótica sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
 

ROBÓTICA 1. TABOLEIROS

Taboleiros 1 e 2, en tamaño A3, para actividades con escornabot sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
 

ROBÓTICA 4. INSTRUCIÓNS

Instrucións para as actividades de robótica relacionadas coa vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
 

EXPO FFdR. LETRAS GALEGAS 2023. CUESTIONARIO

Cuestionario sobre a exposición de FFdR. Letras Galegas 2023.
 

EXPO FFdR. LETRAS GALEGAS 2023

Exposición, en A3, sobre a biografía de Francisco Fernández del Riego.
 

robóticaROBÓTICA 5. SOLUCIONARIOS

Solucionarios dos taboleiros 1 e 2 para as actividades de robótica sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
 

Actividades Signos 4º Ed. Infantil

Actividades en lingua de signos, formato PDF, dirixidas ao alumnado de 4º Ed. Infantil sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
 

Actividades 4º Ed. Infantil

Actividades sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego dirixidas ao alumnado de 4º de Ed. Infantil.
 

Actividades Signos 5º Ed. Infantil

Actividades en lingua de signos, formato PDF, dirixidas ao alumnado de 5º Ed. Infantil sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
 

Actividades 5º Ed. Infantil

Actividades sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego dirixidas ao alumnado de 5º Ed. Infantil.
 

Actividades Signos 6º Ed. Infantil

Actividades en lingua de signos, formato PDF, dirixidas ao alumnado de 6º Ed. Infantil sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
 

Actividades 6º Ed. Infantil

Actividades sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego dirixidas ao alumnado de 6º de Ed. Infantil.
 

Actividades 1º Ed. Primaria

Actividades sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego dirixidas ao alumnado de 1º de Ed. Primaria.
 

Actividades 2º Ed. Primaria

Actividades sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego dirixidas ao alumnado de 2º de Ed. Primaria.
 

Actividades 3º Ed. Primaria

Actividades sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego dirixidas ao alumnado de 3º de Ed. Primaria.
 

Actividades 4º Ed. Primaria

Actividades sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego dirixidas ao alumnado de 4º de Ed. Primaria
 

Actividades 5º Ed. Primaria

Actividades sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego dirixidas ao alumnado de 5º Ed. Primaria.
 

Actividades 6º Ed. Primaria

Actividades sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego dirixidas ao alumnado de 6º de Ed. Primaria.
 

A roda de... Francisco Fernández del Riego

Recortable, en forma de roda xiratoria, con datos sobre a biografía de Francisco Fernández del Riego.
 

Biografía Fernández del Riego

Biografía de Francisco Fernández del Riego con cronoloxía, obras e escolma de textos. Formato PDF.
 

Carteis 3 e 4 Francisco Fernández del Riego. Letras Galegas 2023

Carteis 3 e 4 de Francisco Fernández del Riego, personalizables e en tamaño A3.
 

Carteis 1 e 2 Francisco Fernández del Riego. Letras Galegas 2023

Carteis 1 e 2 de Francisco Fernández del Riego, personalizables e en tamaño A3.
 

Marcapáxinas Francisco Fernández del Riego

Nove marcapáxinas personalizables de Francisco Fernández del Riego.
 

O comecocos de Francisco Fernández del Riego

Comecocos con datos sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego.
 

O cartafol despregable de Francisco Fernández del Riego

Cartafol despregable con datos sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego.
 

Díptico Francisco Fernández del Riego. Letras Galegas 2023

Díptico de Francisco Fernández del Riego. Letras Galegas 2023, cunha biografía breve do autor e un texto de "Camiño andado" sobre a creación do Día das Letras Galegas.
 

Actividades Lectura Facilitada

Actividades en Lectura Facilitada sobre a biografía e obra de Francisco Fernández del Riego dirixidas ao alumnado de Ed. Primaria.
 

Escolma de textos de Francisco Fernández del Riego

Escolma de textos de Francisco Fernández del Riego.

20 may 2022



Semana das Letras Galegas

 O alumnado e profesorado do Ceip Bibei celebramos, durante esta semana, o Día das Letras Galegas adicado a Florencio Delgado Gurriarán.    

Os/as nenos e nenas de Educación Infantil viaxaron ao mundo da fantasía cos contacontos preparados polo alumnado de quinto e sexto de Primaria. Moitas grazas    a todos/as polo voso traballo, dedicación e entusiasmo.        

O venres tivemos sesión de cine , para os/as máis pequenos/as    proxectamos  " Os contos de Camiño" e para o alumnado de Primaria a película " O espírito do bosque 2 ".       

Agradecemos a colaboración da ANPA, que durante a mañá do venres realizou un obradoiro de plástica para o alumnado de EI e Primaria. Ao son da música decoraron murais e fixeron debuxos deixando voar a súa imaxinación. O resultado foron uns traballos moi orixinais!!!.               

O alumnado de quinto e sexto en colaboración co  Equipo de Normalización pintaron un cadro relacionado co  autor agasallado para participar nunha exposicición realizada  en Corgomo xunto con outros centros da zona. Gran traballo!!.

Os/as alumnos/as de quinto e sexto no contacontos.







O alumnado de EI e Primaria facendo unha actividade programada pola ANPA para celebrar as Letras Galegas.
















 Cadro para a exposición que se celebrou en Corgomo .