11 dic 2016

O MAGOSTO





Como tódolos anos os alumnos e alumnas do CEIP Bibei, acompañados de todo o profesorado, celebramos o magosto no campo de fútbol da vila. Este ano, ademais, tivemos a sorte de que nos acompañasen os nosos compañeiros e compañeiras, así como o alumnado dos centros lindantes CEIP Eduardo Ávila Bustillo de A Veiga, e o CEIP San Martiño de Vilariño de Conso. Alí puidemos xantar uns ricos bolos preñados, empanada, froita, e sobre todo, degustar os nosos ricos bullotes asados.
Queremos  agradecerlle ó concello de Viana do Bolo a súa colaboración e a súa participación nesta xornada .
Aquí podedes  ver algunha das nosas fotos.














No hay comentarios:

Publicar un comentario