Este ano como sabedes, o Día das letras Galegas está adicado ao escritor ourensán Carlos Casares.
O noso colexio
celebrou o Día
das Letras Galegas acompañados polo Ceip de Vilariño de Conso e o
Ceip da Veiga .
Foi unha xornada na
que os/as alumnos/as tiveron a oportunidade de relacionarse e convivir con
nenos e nenas doutros centros educativos, no desenvolvemento das
actividades preparadas polos tres colexios para celebrar este día.
Comezamos co circuíto lúdico baseado nos “ Xogos populares “ onde os/as
alumnos/as participaron en diferentes obradoiros:
" Carreira de sacos ", " As tres en liña ",
" Os bolos ", " Os zancos ", " As cadeiras ",
" Os pintores ", " As chapas" e " Quen sabe máis
.." con preguntas relacionadas co
escritor agasallado e , tamén sobre a historia da nosa lingua.
Ao remate do circuíto os/as
alumnos /as bailaron e cantaron cancións populares co Home Orquestra.
Todos quedamos abraiados co seu espectáculo e a súa vitalidade. Foi todo un
éxito! .
Rematamos as actividades xantando todos xuntos no patio do colexio.
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e entusiasmo neste día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario