21 may 2018

Letras Galegas 2018



O martes, 16 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas dedicado a Mª Victoria Moreno. Con motivo desta celebración realizamos o 6º Circuíto Lúdico - Lector no que participaron O Ceip San Martiño - Vilariño de Conso, O Ceip  Ávila Bustillo - A Veiga e o Ceip Bibei - Viana do Bolo.


Este ano celebramos o Circuíto en Vilariño de Conso, nun entorno natural fermosísimo. Alí o alumnado e o profesorado disfrutamos dunha chea de obradoiros relacionados coa temática da Música Tradicional e, como non, outros dedicados  a nosa escritora homenaxeada Mª Victoria Moreno.

Unha vez rematados os obradoiros disfrutamos da representación dunha obra de teatro titulada  " Díxoo Thais, e non se fale máis ".

Para rematar xantamos todos xuntos  no campo de fútbol á sombra das árbores xa que tivemos un día espléndido.

Moitas grazas a todos pola vosa axuda e colaboración. 

Ata o próximo Circuíto .






 Galería de fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario