20 may 2022



Semana das Letras Galegas

 O alumnado e profesorado do Ceip Bibei celebramos, durante esta semana, o Día das Letras Galegas adicado a Florencio Delgado Gurriarán.    

Os/as nenos e nenas de Educación Infantil viaxaron ao mundo da fantasía cos contacontos preparados polo alumnado de quinto e sexto de Primaria. Moitas grazas    a todos/as polo voso traballo, dedicación e entusiasmo.        

O venres tivemos sesión de cine , para os/as máis pequenos/as    proxectamos  " Os contos de Camiño" e para o alumnado de Primaria a película " O espírito do bosque 2 ".       

Agradecemos a colaboración da ANPA, que durante a mañá do venres realizou un obradoiro de plástica para o alumnado de EI e Primaria. Ao son da música decoraron murais e fixeron debuxos deixando voar a súa imaxinación. O resultado foron uns traballos moi orixinais!!!.               

O alumnado de quinto e sexto en colaboración co  Equipo de Normalización pintaron un cadro relacionado co  autor agasallado para participar nunha exposicición realizada  en Corgomo xunto con outros centros da zona. Gran traballo!!.

Os/as alumnos/as de quinto e sexto no contacontos.







O alumnado de EI e Primaria facendo unha actividade programada pola ANPA para celebrar as Letras Galegas.
















 Cadro para a exposición que se celebrou en Corgomo .















No hay comentarios:

Publicar un comentario